oalentodamusa

Archive for Maio 2009|Monthly archive page

distribución de A crise irredutible

En libro o Maio 29, 2009 ás 2:51 pm

Case completada a distribución de A crise irredutible, podédesvos achegar ao libro:

a crise no Centro Social Gomes Gaioso

En actos o Maio 26, 2009 ás 8:17 pm

A crise no Gomes Gaioso

Sábado, 06 de Xuño de 2009
Hora:
20:30 – 21:30
Lugar:
Centro Social Gomes Gaioso
Rúa:
Marconi, 9. Montealto
Cidade/Vila:
A Coruña, Galiza

Reflexão

En libro o Maio 15, 2009 ás 11:32 pm

Unha nova reflexión sobre A crise irredutible, neste caso de Anabela Couto Brasinha:

‘A Crise Irredutible emana de um pensamento e sentir singular. Com a intenção de clareza e na intuição do que o rodeia, propositadamente o poeta provoca o leitor, quer dele a atenção.

Da percepção e do apreendido, tem o mérito de partir da sua experiência, do local que ele é, e do local que o circunda, oferecendo o belo provido de inteligência, para nos ser útil a poesia.

O modo como luta recria um querer ser e não permanecer marginal, luta pelo seu povo. A poesia não poderia deixar o fascínio, nem o poeta figurante de se preocupar. Poeta, na individual preocupação social e cultural, do colectivo em que se insere, apela à concretização, e por isso adverte o seu povo. E, na vontade de um futuro, não pretende ser estandarte, ele o sabe urgente! Diz o sempreadeus, que se admite para depois se querer ser mais livre. E diz, e que hai outros mundos posibles…’

Aproximádevos ao texto completo premendo aquí:

sobre A Crise Irredutible

‘A crise’ nas librarías do país

En libro o Maio 7, 2009 ás 8:29 pm

Tralos contactos co Consorcio Editorial Galego, finalmente a semana que vén comezará a chegar ás librarías de todo o país ‘A crise irredutible’. A ansiada distribución da crise, co mal que sona dito deste xeito, é a culminación de todo un proceso, proceloso, pero que semella dar os seus froitos.

Compriría, neste caso, facer un discurso sobre a importancia da autoedición, sobre todo nos países con linguas minorizadas, mais, neste caso, apoiado polo discurso ‘alternativo’ que cuestiona a relevancia do mundo editorial, trátase dunha necesidade como autor, como galego, como individuo político, de mostrar a base dunha crise que coloca á ultradereita como fundamento político, económico e social.

Coido que eis a importancia desta ‘Crise irredutible’, malia que incompleta e, en ocasións, subxectiva.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.