oalentodamusa

Archive for Novembro 2009|Monthly archive page

Texto de presentación d’A Crise Irredutible en Moaña, por Rosa Enríquez

En actos o Novembro 15, 2009 ás 1:12 pm

A seguir a intervención de Rosa Enríquez, na presentación d’A Crise Irredutible, o pasado 13 de novembro na libraría O Pontillón de Moaña:

Imaxe de Santos-Díez‘Soltouse o poeta, deixou as cordas para irse, ás veces un pouco cara á abaixo, outras cara á arriba. En ocasións ficou inmóbil, fitando arredor de si, cos seus ollos grandes. E pregúntome eu, é así como cómpre contemplalo todo? Sen perder ripio? Penso que si, que a observación atenta da realidade e a posterior reflexión dan lugar a traballos interesantes coma este que hoxe presentamos aquí, a poetización do caos que o capitalismo provoca, non só nas nosas vidas, mais tamén nas nosas conciencias, unha alteración da harmonía natural deturpada polos intereses que Momán retrata cunha precisión exacta que sorprende con cada verso.

O aparente figurante, observador de oficio, transcribe o dirixismo político existente e o imperialismo económico e cultural, sen arredrarse.

Non fai falla saber todo sobre Alberte, para captar o seu paso discreto polo medio da xente. Discreto e intelixente pois, sen caer na insolencia do snobismo porque si, por modernidade mal comprendida, con pretensións absurdas de diferenza, Momán decidiu un bo día soltarse, sen máis.’

Accede ao texto enteiro: A crise irredutible por Rosa Enríquez

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.