Unha entrevista de Rosa Enríquez no número 82 do Novas da Galiza, para falar de A Crise Irredutible.
Texto de presentación d’A Crise Irredutible en Moaña, por Rosa Enríquez
Posted in actos on Novembro 15, 2009 by oalentodamusaA seguir a intervención de Rosa Enríquez, na presentación d’A Crise Irredutible, o pasado 13 de novembro na libraría O Pontillón de Moaña:
‘Soltouse o poeta, deixou as cordas para irse, ás veces un pouco cara á abaixo, outras cara á arriba. En ocasións ficou inmóbil, fitando arredor de si, cos seus ollos grandes. E pregúntome eu, é así como cómpre contemplalo todo? Sen perder ripio? Penso que si, que a observación atenta da realidade e a posterior reflexión dan lugar a traballos interesantes coma este que hoxe presentamos aquí, a poetización do caos que o capitalismo provoca, non só nas nosas vidas, mais tamén nas nosas conciencias, unha alteración da harmonía natural deturpada polos intereses que Momán retrata cunha precisión exacta que sorprende con cada verso.
O aparente figurante, observador de oficio, transcribe o dirixismo político existente e o imperialismo económico e cultural, sen arredrarse.
Non fai falla saber todo sobre Alberte, para captar o seu paso discreto polo medio da xente. Discreto e intelixente pois, sen caer na insolencia do snobismo porque si, por modernidade mal comprendida, con pretensións absurdas de diferenza, Momán decidiu un bo día soltarse, sen máis.’
Accede ao texto enteiro: A crise irredutible por Rosa Enríquez
A Crise Irredutible e Rosa Enríquez en La Región
Posted in libro on Agosto 24, 2009 by oalentodamusa
Da man de Rosa Enríquez, chega este artigo a La Región.
Pertenzo e pertencemos /nós/ a un país sen estela propia/cincento/ e inseguro/ aplacado polo desexo asumido/ de ser como a xente’. Así considera o autor deste libro, ‘A crise irreductible’, que vivimos na Galiza, presionados pola ‘verdade’ cimentada na mentira social dunha esquerda que, segundo o propio poeta afirma nos seus versos, ‘adiantou pola dereita’ por mor de facer ‘carreira política’. Indomábel, Momán renuncia, a través da palabra, a formar parte da fraude globalizadora, da opresión a que nos somete o capitalismo e comprométese, esculcando nos buratos do incómodo, do que fica oculto detrás das teas vaporosas, dos ‘campos permanentemente en primavera’.
A crise nos Encontros da Porta Verde do Sétimo Andar
Posted in actos on Xuño 30, 2009 by oalentodamusaO pasado 27 de outubro, no Pub Uf de Vigo (Rúa do Pracer), celebrouse un novo Encontro organizado pola Porta Verde do Sétimo Andar. Aló gravouse este video no que estou a ler un texto pertencente á Crise Irredutible. Preme aquí para ver o video.
Artigo sobre A crise irredutible
Posted in libro on Xuño 10, 2009 by oalentodamusadistribución de A crise irredutible
Posted in libro on Maio 29, 2009 by oalentodamusaCase completada a distribución de A crise irredutible, podédesvos achegar ao libro:
- Nas librerías galegas, da man do Consorcio Editorial Galego.
- Na tenda virtual Amazon.com
- Na páxina de Lulu.com
- Na tenda virtual eLounge.com
a crise no Centro Social Gomes Gaioso
Posted in actos on Maio 26, 2009 by oalentodamusaReflexão
Posted in libro on Maio 15, 2009 by oalentodamusaUnha nova reflexión sobre A crise irredutible, neste caso de Anabela Couto Brasinha:
‘A Crise Irredutible emana de um pensamento e sentir singular. Com a intenção de clareza e na intuição do que o rodeia, propositadamente o poeta provoca o leitor, quer dele a atenção.
Da percepção e do apreendido, tem o mérito de partir da sua experiência, do local que ele é, e do local que o circunda, oferecendo o belo provido de inteligência, para nos ser útil a poesia.
O modo como luta recria um querer ser e não permanecer marginal, luta pelo seu povo. A poesia não poderia deixar o fascínio, nem o poeta figurante de se preocupar. Poeta, na individual preocupação social e cultural, do colectivo em que se insere, apela à concretização, e por isso adverte o seu povo. E, na vontade de um futuro, não pretende ser estandarte, ele o sabe urgente! Diz o sempreadeus, que se admite para depois se querer ser mais livre. E diz, e que hai outros mundos posibles…’
Aproximádevos ao texto completo premendo aquí:





